domingo, 17 de noviembre de 2019

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO BLOG CHARITO´S POWER

Hoxe damos comezo o noso Club de Letras, con moita ilusión e ganas de aprender.
Todo o equipo estamos desexando por en marcha un espazo novo onde as mulleres e a diversidade terán un papel fundamental, un espazo onde os alumnos e alumnas poderán buscar as suas propias respostas. Terán liberdade para preguntar, dar opinións e ser curiosos e así poder ir desenvolvendo un pensamento creativo e crítico.

Este ano o tema escollido e a IGUALDADE e, sendo coherentes coa realidade do noso centro, o noso obxetivo será coñecer a mulleres que sofren unha dobre discriminación: por ser mulleres e pola súa diversidade física, intelectual ou sensorial.
Amosar esta realidade ao noso alumnado axudaralles a aumentar a súa sensibilidade sobre o tema, ademáis de darlle como referente a persoas que teñen como valores fundamentais a valentía, o esforzo e a superación.

Adiante!!!!

 MOI BOAS A TOD@S!! Esperamos que vos atopedes ben, vos deixamos con éstas incríbles rapeiras e rapeiros , rapeando ao ritmo de XELA ARIAS...