lunes, 17 de febrero de 2020

EMPODERAMENTO DA MULLER

DIFERENTE ASPECTO MESMO VALOR



Seguindo coa temática que guía o noso Club de Letras, pensamos en elaborar un mural onde deixar plasmada unha das máximas do noso Club: A Igualdade entre homes e mulleres.
Elaborado polo alumnado de formación profesional e ESO, as alumnas xordas utilizaron a súa lingua materna, a Lingua de Signos,  para expresar cada unha das palabras nas fotografías. 
Na súa pegada no pasillo do centro, participou tamén o alumnado de primaria. 
Esta actividade dounos pé para explicar o significado da frase e o por que de esta mensaxe. Falamos de situacións persoais, as escenificamos e os alumnos e alumnas opinaban sobre cada unha de esas situacións explicando aos máis pequenos e pequenas como deben de ser as cousas cando falamos de igualdade.

A quí déixovos o resultado do precioso mural.



lunes, 10 de febrero de 2020

EXPOSICIÓN DO TRABALLO

EXPOSICIÓN SOBRE GENNET CORCUERA


E chegou o día de revertir todo o aprendido sobre esta impresionante muller aos compañeiros e as compañeiras de primaria.

Todos os murais que elaboramos servíronnos para poder explicar con máis claridade a historia de Gennet, desde situar Etiopía no mapa hasta saber cal era a situación tan compricada de guerra e hambruna que se vivía nese país cando ela naceu. 
Tamén fixemos un percorrido polos diferentes centros educativos nos que estivo hasta chegar a universidade. 

Aquí vos deixo unhas imaxes dese momento...













Pese aos nervios previos todo saiu fenomenal. A exposición foi un éxito e xa están a esperar á próxima exposición. 
Mentres tanto déixovos o enlace ao tráiler da película "Me llamo Gennet" sobre a vida da nosa protagonista.

                

lunes, 3 de febrero de 2020

GENNET CORCUERA

GENNET CORCUERA

A nosa primeira muller elexida foi Gennet Corcuera, primeira muller xordocega cunha titulación universitaria en Europa.


Gennet Corcuera: «Me encanta ir a los museos»

Os nosos alumnos e alumnas de FP e ESO estiveron a investigar sobre quen é Gennet, cal foi a súa historia, como chegou a España desde o seu país natal (Etiopía), como era a familia que a adoptou, onde estudou xa en Madrid, canto lle costou rematar cada etapa educativa e como sacaba forzas de flaqueza cada vez que pensaba en tirar a toalla...

Descubrimos unha muller maravillosa que na actualidade está a traballar como Educadora no centro de persoas xordocegas "Santa Ángela de la Cruz" en Sevilla.












Fixemos antifaces para que poidésemos imaxinar 
como se pode sentir unha persoa cega.

Foi un traballo moi laborioso que nos levou moito tempo rematalo e deixalo perfecto para poder explicarllo e contarlle todo o que aprendemos ao alumnado de primaria.... 
Queremos que eles queden tan fascinados con Gennet coma nos...



 MOI BOAS A TOD@S!! Esperamos que vos atopedes ben, vos deixamos con éstas incríbles rapeiras e rapeiros , rapeando ao ritmo de XELA ARIAS...