lunes, 3 de febrero de 2020

GENNET CORCUERA

GENNET CORCUERA

A nosa primeira muller elexida foi Gennet Corcuera, primeira muller xordocega cunha titulación universitaria en Europa.


Gennet Corcuera: «Me encanta ir a los museos»

Os nosos alumnos e alumnas de FP e ESO estiveron a investigar sobre quen é Gennet, cal foi a súa historia, como chegou a España desde o seu país natal (Etiopía), como era a familia que a adoptou, onde estudou xa en Madrid, canto lle costou rematar cada etapa educativa e como sacaba forzas de flaqueza cada vez que pensaba en tirar a toalla...

Descubrimos unha muller maravillosa que na actualidade está a traballar como Educadora no centro de persoas xordocegas "Santa Ángela de la Cruz" en Sevilla.












Fixemos antifaces para que poidésemos imaxinar 
como se pode sentir unha persoa cega.

Foi un traballo moi laborioso que nos levou moito tempo rematalo e deixalo perfecto para poder explicarllo e contarlle todo o que aprendemos ao alumnado de primaria.... 
Queremos que eles queden tan fascinados con Gennet coma nos...



No hay comentarios:

Publicar un comentario

 MOI BOAS A TOD@S!! Esperamos que vos atopedes ben, vos deixamos con éstas incríbles rapeiras e rapeiros , rapeando ao ritmo de XELA ARIAS...