viernes, 13 de diciembre de 2019

CHANZOS VIOLETAS

CHANZOS VIOLETAS

Comezamos o noso Club de Letras facendo unha pegada de cartéis sobre mulleres que destacaron ao longo da historia en diferentes eidos como a ciencia, a música, a arqueoloxía, mulleres viaxeiras, etc. 
Un xeito de darlle visibilidade e recoñecer o seu papel na historia tantas veces esquencido e de facer partícipes ao noso alumnado diso. 

E, onde fixemos a pegada?... Nos pasillos do noso centro.

O noso alumnado de FP e da ESO traballou moito durante varias semanas para deixalo así de ben...





domingo, 17 de noviembre de 2019

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOSO BLOG CHARITO´S POWER

Hoxe damos comezo o noso Club de Letras, con moita ilusión e ganas de aprender.
Todo o equipo estamos desexando por en marcha un espazo novo onde as mulleres e a diversidade terán un papel fundamental, un espazo onde os alumnos e alumnas poderán buscar as suas propias respostas. Terán liberdade para preguntar, dar opinións e ser curiosos e así poder ir desenvolvendo un pensamento creativo e crítico.

Este ano o tema escollido e a IGUALDADE e, sendo coherentes coa realidade do noso centro, o noso obxetivo será coñecer a mulleres que sofren unha dobre discriminación: por ser mulleres e pola súa diversidade física, intelectual ou sensorial.
Amosar esta realidade ao noso alumnado axudaralles a aumentar a súa sensibilidade sobre o tema, ademáis de darlle como referente a persoas que teñen como valores fundamentais a valentía, o esforzo e a superación.

Adiante!!!!

 MOI BOAS A TOD@S!! Esperamos que vos atopedes ben, vos deixamos con éstas incríbles rapeiras e rapeiros , rapeando ao ritmo de XELA ARIAS...