MOI BOAS A TOD@S!! Esperamos que vos atopedes ben, vos deixamos con éstas incríbles rapeiras e rapeiros , rapeando ao ritmo de XELA ARIAS CASTAÑO, a autora homenaxeada polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS, E QUE LOITOU POLO COIDADO DA NOSA LINGUA:
Programa Club de Letras para potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e a creatividade nas alumnas e alumnos.
miércoles, 12 de mayo de 2021
sábado, 20 de marzo de 2021
OLA A TODAS E TODOS!! Como saberedes éste curso o Proxecto do centro é "Polo Bo Camiño"; e ... por fin empezamos a nosa andaina do Camiño da Prata, como non , EN SEVILLA!! E, dende o Club de Letras quixemos homenaxear a unha coruñesa que vive en terras andaluzas, concretamente en Sevilla, dende a súa infancia, MARÍA ASUNCIÓN MARTÍNEZ BROCCA.
Esta muller galega foi recoñecida pola OMS polo Programa de Detección Precoz de Diabetes de Andalucía, e tamén gañou o Premio do Colexio de Médicos de Sevilla do 2008.
Aquí vos deixo unha pequena presentación:
martes, 23 de febrero de 2021
MOITOS PARABÉNS NOSA ESTRELA GALEGA!!
Fixemos este video con toda a ilusión aprendendo sobre a vida de ROSALÍA DE CASTRO, polo seu anivesario, hoxe 24 de febreiro. Esperamos que vos guste e que o disfrutedes!!
E... como non, vos deixamos tamén os nosos RAP´s, feitos tamén con versos de Rosalía de Castro e premiados!!!
https://www.youtube.com/watch?v=iq1eGqbNlMg
https://www.youtube.com/watch?v=FuagFcmVr1U&t=454s
domingo, 27 de diciembre de 2020
miércoles, 9 de diciembre de 2020
Este curso ímolo dedicar ao COIDADO... ademais este ano 2020 é "O ANO INTERNACIONAL ADICADO ÁS ENFERMEIRAS E MATRONAS"... mirade que nova máis interesante atopou o Grupo 5 do noso Club...
Xa temos na nosa cidade unha escultura adicada á
PRIMEIRA ENFERMEIRA GALEGA EN MISIÓN INTERNACIONAL, ISABEL ZENDAL
martes, 8 de diciembre de 2020
EMPEZAMOS UN NOVO CURSO NO CLUB DE LETRAS!!!
- GRUPO 4
- GRUPO 5
- GRUPO 8
- GRUPO 9
- GRUPO 10
- GRUPO 11
viernes, 13 de marzo de 2020
FRIDA KAHLO
No club de letras estivemos descubrindo a esta pintora sin igual, símbolo do feminismo e cunha historia detrás realmente interesante.
Foi unha muller de forte personalidade forxada a base de enfermidades que lle producían continuas dores e relacións persoais complicadas, todo elo bañado coa cultura mexicana de fondo.
Muller adiantada ao seu tempo en moitos aspectos. A súa diversidade física non a frenou senón que aprendeu a vivir con ela favorecendo que a pintura se convertíra no centro da súa vida.
Nos seus cadros pódese ver con claridade todo o que lle preocupaba, os seus sentimentos, as súas luces e as súas sombras...
Igual que fixemos coa anterior exposición preparamos uns murais para poder transmitir todo o aprendido aos compañeiros e compañeiras de primaria:
Ademáis preparamos unhas actividades moi divertidas para os nosos compañeiros e compañeiras de primaria, onde terán que convertirse en Frida Kahlo por un día e demostrar as súas dotes artísticas.
lunes, 9 de marzo de 2020
8 de MARZO - DÍA DA MULLER
Este ano, e xa que estamos a traballar sobre a igualdade, desde o Club de Letras quixemos abanderar a conmemoración do 8 de marzo e decidimos facer algo que perdurará no tempo:
Está claro que a porta non pasa desapercibida... pero, a que quedou bonita!!!!!
lunes, 17 de febrero de 2020
EMPODERAMENTO DA MULLER
lunes, 10 de febrero de 2020
EXPOSICIÓN DO TRABALLO
lunes, 3 de febrero de 2020
GENNET CORCUERA
A nosa primeira muller elexida foi Gennet Corcuera, primeira muller xordocega cunha titulación universitaria en Europa.

viernes, 13 de diciembre de 2019
CHANZOS VIOLETAS
Comezamos o noso Club de Letras facendo unha pegada de cartéis sobre mulleres que destacaron ao longo da historia en diferentes eidos como a ciencia, a música, a arqueoloxía, mulleres viaxeiras, etc.
Un xeito de darlle visibilidade e recoñecer o seu papel na historia tantas veces esquencido e de facer partícipes ao noso alumnado diso.
E, onde fixemos a pegada?... Nos pasillos do noso centro.
O noso alumnado de FP e da ESO traballou moito durante varias semanas para deixalo así de ben...

domingo, 17 de noviembre de 2019
Hoxe damos comezo o noso Club de Letras, con moita ilusión e ganas de aprender.
Todo o equipo estamos desexando por en marcha un espazo novo onde as mulleres e a diversidade terán un papel fundamental, un espazo onde os alumnos e alumnas poderán buscar as suas propias respostas. Terán liberdade para preguntar, dar opinións e ser curiosos e así poder ir desenvolvendo un pensamento creativo e crítico.
Este ano o tema escollido e a IGUALDADE e, sendo coherentes coa realidade do noso centro, o noso obxetivo será coñecer a mulleres que sofren unha dobre discriminación: por ser mulleres e pola súa diversidade física, intelectual ou sensorial.
Amosar esta realidade ao noso alumnado axudaralles a aumentar a súa sensibilidade sobre o tema, ademáis de darlle como referente a persoas que teñen como valores fundamentais a valentía, o esforzo e a superación.
Adiante!!!!
MOI BOAS A TOD@S!! Esperamos que vos atopedes ben, vos deixamos con éstas incríbles rapeiras e rapeiros , rapeando ao ritmo de XELA ARIAS...
-
Xa temos na nosa cidade unha escultura adicada á PRIMEIRA ENFERMEIRA GALEGA EN MISIÓN INTERNACIONAL , ISABEL ZENDAL Fai click para saber...
-
MOITOS PARABÉNS NOSA ESTRELA GALEGA!! Fixemos este video con toda a ilusión aprendendo sobre a vida de ROSALÍA DE CASTRO , polo seu anive...
-
EXPOSICIÓN SOBRE GENNET CORCUERA E chegou o día de revertir todo o aprendido sobre esta impresionante muller aos compañeiros e as compañ...












